A SAIDA DO VENRES 11 O vindeiro, 11 de febreiro, tivemos a posiblemente única saída do ano. Fumos a universidade, a escoitar unha charla de Eduardo Sainz De Cabezón. Eduardo, é un matemático que escribe libros e da conferencias e charlas. O mais divertido , por suposto, foi o traxecto en bus con todos os meus compañeiros con musica e pasándoo ben. De Eduardo, gustoume de el que non ve as matemáticas como as ven a maioría dos nosos profesores, algo teórico que temos que aprender por cultura xeneral e da igual se nos gustan ou non, Eduardo é un enamorados das matemáticas e intentaba transmitirnos a súa paixón por elas. A verdade, é que custaba moito seguirlle o ritmo, pois quería falarnos de moitas cousas e se non non lle daba tempo. Pero ao final respondeu todas e cada unha das dubidas que tiñan os meus compañeiros chegando a conclusión de que as matemáticas non son exactas.